Saltar ao contido principal
Xornal

A USC repite posición entre as mellores universidades do mundo do ránking Times Higher Education

Este mesmo ránking posiciona a USC entre as 125 mellores universidades de Europa pola súa dimensión docente

Actualizada: 12-09-2019 14:43
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Por dimensión docente, a USC ocupa a posición 101-125 das mellores universidades de Europa

De entre 1400 universidades de 92 países, o ránking Times Higher Education (THE) incorpora un ano máis a USC entre as mellores institucións universitarias do mundo, concretamente no intervalo 601-800, mantendo así a posición alcanzada nos últimos tres anos. A clasificación está elaborada en base a trece indicadores de rendemento estruturados en cinco áreas: docencia (30% da valoración final), investigación (30%), citacións (30%), proxección internacional (7,5%), e transferencia de coñecemento (2,5%). Índice de citacións, transferencia de coñecemento ou dimensión internacional son os aspectos mellor valoradas da USC por THE. De España, esta clasificación recolle un total 45 universidades.

Este mesmo ránking elabora igualmente unha clasificación coas mellores institucións universidades europeas clasificadas pola súa dimensión docente e formativa, aspecto no que a USC se atopa no intervalo 101-125. Esta listaxe basearíase en boa medida nos resultados da enquisa realizada por THE entre máis de 30.000 estudantes universitarios e toma en consideración tamén a idoneidade dos medios utilizados polas universidades, as canles de relación coa comunidade universitaria, a capacidade para impartir docencia do xeito máis efectivo ou a dispoñibilidade de contornas de ensino e aprendizaxe inclusivos.