Saltar ao contido principal
Xornal

A USC tece redes con entidades españolas e lusas para impulsar edificacións de eficiencia enerxética en madeira co programa ‘Life’

Investigadores da EPSE implicados nos proxectos Lugo+Biodinámico e EcoTimberCell intercambian experiencias e avances con representantes do Life RedNatural NZEB para desenvolver materiais e cultivos acaídos para mitigar a pegada ecolóxica

Actualizada: 18-09-2019 14:51
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Visita de técnicos e investigadores de programas Life ao barrio lugués de As Gándaras

Investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo da USC implicados nos programas Life Lugo+Biodinámico e EcoTimberCell participaron este mércores nunha xornada técnica con responsables técnicos e de xestión do programa Life RedNatural NZEB, que coordina a Xunta de Estremadura e no que están implicadas universidades, empresas e centros de investigación de España e Portugal, no marco da que, ademais de intercambiar coñecementos e experiencias, tamén analizaron as posibilidades de colaboración para impulsar edificacións en madeira de máxima eficiencia enerxética e baixa ou nula pegada ecolóxica.

 

Esta xornada de traballo e de conexión de dou dos programas Life que se están a desenvolver na capital e no campus de Lugo e nos que teñen unha participación activa diversos grupos de investigación da USC co proxecto Life RedNatural NZEB, contou coa participación, entre outros, dos catedráticos Antonio Rigueiro Rodríguez, Roque Rodríguez Soalleiro, e Manuel Guaita Fernández, ademais de técnicos e responsables políticos do Concello de Lugo, da Deputación Provincial de Lugo e do Goberno de Estremadura.

 

Esta sesión permitiu asemade para a posta en común dos tres programas Life. De feito, a comitiva de participantes neste encontro comezaron a mañá cunha visita ao barrio lugués das Gándaras, onde puideron ver as accións xa desenvolvidas ao abeiro do Life Lugo+Biodinámico (plantacións de cultivos enerxéticos, frondosas, arboretum, recuperación da área húmida...). Unha vez rematada esta visita, os técnicos participaron na recepción institucional ofrecida pola alcaldesa do Concello de Lugo, Lara Méndez, e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé.

 

A delegación estremeña aproveitou a súa estadía na capital luguesa para, xa en quenda de tarde, visitar as instalacións da Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural (Pemade) da USC, onde o seu director, Manuel Guaita, explicou algúns detalles de ensaios de madeira para uso estrutural que se desenvolven neste laboratorio, así como estruturas de madeira contralaminada para edificación con madeira local, probas de durabilidade en exterior.

 

A gridshell desenvolvida por Pemade e instalada para cubrir a zona de almacén de Pemade, ou o proxecto do edificio Impulso Verde, unha construción íntegra en madeira que se levantará proximamente no barrio de As Gándaras, foron outros dos asuntos dos que tamén informou Pemade á delegación de Estremadura, cuxos representantes expresaron a súa vontade de implententar algúns dos procesos xa experimentados en Lugo no seu programa Life, orientado á construción dun barrio de vivendas de protección oficial en madeira.


Outras imaxes


Rececpión institucional no concello de Lugo