Saltar ao contido principal
Xornal

Novedades Carminha porá a música na verbena de inicio de curso

Actualizada: 03-10-2019 10:29
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Imaxe promocional do grupo

O xoves 10, a USC celebra unha verbena popular no Campus Sur en Santiago para dar a benvida ao curso 19/20 cun concerto de Novedades Carminha. Non estarán sos e Deteriorados, grupo que promete moito máis ca música, será o encargado de abrir o evento.

Este ano en Santiago, e nos vindeiros tamén en Lugo, baile ao aire libre, con boa música, como se leva facendo toda a vida en Galicia pero agora tamén para celebrar que a vida volve á universidade, aos campus, ás rúas de Compostela e Lugo. Como canta Novedades Carminha: verbena!. Estade atentas e atentos á web e ás redes sociais da universidade!