Saltar ao contido principal
Xornal

Rosa Mosquera expón en Bali as últimas investigacións ligadas ao secuestro de carbono do solo e a emisións de gases invernadoiro

A catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC presentou o proxecto de manual vivo de cultivos na Conferencia Científica Mundial

Actualizada: 07-10-2019 13:57
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Reunión da conferencia sobre agricultura climatica intelixente celebrada en Bali

A catedrática do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría da USC na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do campus de Lugo (EPSE) vén de participar como relatora na reunión da Conferencia Científica Mundial sobre agricultura climaticamente intelixente celebrada en Bali (Indonesia) baixo o título ‘Transformando os sistemas alimentarios nun clima cambiante’-

 

A profesora e investigadora do Campus Terra da USC presentou na súa intervención algunhas das principais actividades xa desenvolvidas ou que está a desenvolver o Grupo de Investigación Cultivos da Global Research Alliance (GRA), unha entidade internacional na que están representados 57 países de todo o mundo.

 

Rosa Mosquera salientou a elaboración dunha base de datos internacional vinculada ao inventario de investigacións asociadas ou relacionadas co secuestro de carbono dos solos e coas emisións de gases de efecto invernadoiro como unha das principais accións nas que traballa o grupo de Cultivos da GRA.

 

A investigadora da USC, que tamén é a coordinadora do proxecto europeo GRA-Afinet, amosou neste foro da Conferencia Científica Mundial sobre agricultura climáticamente intelixente os avances xa acadados na elaboración e no desenvolvemento dun manual vivo aberto á participación dos principais actores no ámbito dos cultivos de todo o mundo.

 

Este congreso da Global Research Alliance serviu asemade de marco para facer visible o relevo na presidencia da GRA, unha entidade rexida durante o último ano por Alemaña, que cedeu a súa presidencia  a Indonesia. O novo equipo directivo da GRA contará como vicepresidente cun representante de Australia.

 

Antes de formalizar o seu relevo, o presidente saínte da Global Research Alliance cerrou o seu mandato co anuncio da creación dunha sede rexional desta Conferencia Científica en Europa, unha actuación viable grazas á colaboración da Comisión Europea, que vén de adherirse ao grupo de socios da Global Research Alliance este mesmo ano.