Saltar ao contido principal
Xornal

O investigador Christopher Phillips, premiado pola Sociedade Internacional de Xenética Forense

É a sociedade a nivel mundial máis prestixiosa na súa disciplina

Actualizada: 08-10-2019 14:36
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Imaxe de arquivo de Christopher Phillips

O investigador Christopher Phillips  acaba de ser recoñecido co premio concedido pola International Society for Forensic Genetics (ISFG) polo desenvolvemento de marcadores xenéticos informativos de ancestralidade e a mellora no coñecemento de SNPs e STRs no ámbito da xenética forense. Christopher Phillips desenvolve o seu labor no Instituto de Medicina Legal ‘Luis Concheiro’ da USC.

A ISFG é a sociedade máis prestixiosa a nivel mundial no campo da xenética forense, sendo unha asociación internacional que promove o coñecemento científico no campo da xenética forense. Ten membros de 60 países nos distintos continentes e outorga un premio bianual a persoas destacadas no seu ámbito de referencia polas súas achegas ao avance desta disciplina.

Christopher Phillips
Christopher Phillips iniciou a súa actividade profesional no Laboratorio da Policía Metropolitana de Londres para posteriormente pasar ao Departamento de Hematoloxía do London Hospital Medical College traballando en probas de paternidade, identificación de persoas desaparecidas e investigacións criminais. En 2002 incorporouse á Unidade de Xenética Forense do Instituto de Medicina Legal da USC.

Os seus ámbitos de traballo en investigación está recollidos en 200 artigos dos que máis da metade están recollidos en PubMed. O seu índice h (Scopus) é de 39 e baséase en 4.405 citacións en 2.504 documentos.