Saltar ao contido principal
Xornal

Aberto o prazo da segunda edición do Premio Internacional de investigación en innovación e economía circular

Actualizada: 16-10-2019 10:42
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel do premio

A segunda edición do Premio internacional de investigación en innovación e economía circular busca promover o estudo académico nestes dous campos dende o ámbito das ciencias económicas e sociais. Promovido pola USC a través do máster de Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN), a data límite de presentación de traballo estenderase ata o 16 de decembro.

Poderán optar ao premio só persoas físicas individualmente ou formando un equipo  de  investigación.  A convocatoria está aberta a autores/as  de  traballos  de investigación de carácter internacional do ámbito das ciencias económicas e sociais relacionados coas temáticas de innovación e economía circular. Os  traballos  deberán  ser  inéditos,  escritos  en  galego,  español  ou  inglés, incluídas as citas literais, non sendo premiadas en outros certames nin publicadas ou difundidas na súa totalidade en ningún soporte. Neste senso, as teses doutorais e os traballos de investigación xa publicados ou defendidos terán que ser reelaborados en título, estrutura e contido para evitar duplicidades.

O xurado valorará o grao de orixinalidade e interese do traballo, a actualidade do tema, así como a precisión no uso de conceptos, métodos e terminoloxía e a relevancia do traballo para futuras investigacións. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden acadar máis información na web do máster DEIN.