Saltar ao contido principal
Xornal

Pesar na USC polo pasamento da catedrática de Química Orgánica María del Carmen Villaverde Cameron-Walker

Actualizada: 21-10-2019 11:26
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

A Universidade de Santiago de Compostela manifesta o seu fondo pesar polo pasamento da catedrática de Química Orgánica María del Carmen Villaverde Cameron-Walker, e únese á dor da súa familia e amizades. A profesora Villaverde doutorouse en Química pola USC no ano 1980 para logo realizar unha estancia postdoutoral no Royal Free Hospital School of Medicine da Universidade de Londres. Dende 2011 é catedrática da USC.

 

A súa actividade investigadora estivo sempre orientada cara á química biolóxica. Realizou a súa tese de doutoramento en Química de Produtos Naturais (illamento, elucidación estrutural e síntese), orientando posteriormente a súa investigación cara á procura de compostos de interese farmacolóxico de orixe natural e sintética. O seu interese pola utilización de métodos computacionais para o deseño de fármacos lévalle a compatibilizar a docencia na USC con estancias de varios meses no Mount Sinai Medical Center de New York e na Oklahoma Medical Research Foundation entre 1992 e 1995. A súa liña de investigación actual céntrábase no deseño de fármacos para diferentes dianas farmacolóxicas da enfermidade de Alzheimer.