Saltar ao contido principal
Xornal

Aberta a inscrición do III Congreso internacional ‘Camino Portugués de Santiago: un patrimonio cultural para la nueva Europa’

Actualizada: 05-11-2019 12:06
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O III Congreso internacional ‘Camino Portugués de Santiago: un patrimonio cultural para la nueva Europa’, que repartirá as súas actividades entre España e Portugal do 14 ao 16 de novembro, mantén aberto o proceso de inscrición, proceso a realizar mediante o formulario dispoñible na web do Grupo Compostela de Universidades e que é de balde.

A participación neste encontro internacional está aberta a todas aquelas persoas interesadas en cuestión relacionadas co patrimonio e a súa protección, o Camiño de Santiago e a historia desta ruta de peregrinación. Nesta edición, centrada no Camiño Portugués, as súas actividades desenvolveranse en Tui (España), Valença (Portugal) e Santiago de Compostela (España).

Na súa organización, colaboran novamente o Grupo Compostela de Universidades, a Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinación da USC e a Càtedra d’Estudis Jurídics Locals Màrius Viadel i Martín da Universitat Rovira i Virgili.

Programa
Neste congreso internacional académicos e expertos nacionais e internacionais analizarán en relatorios e mesas redondas a traza histórica portuguesa no Camiño de Santiago, a conservación dos itinerarios culturais e a protección do patrimonio. O programa académico complementarase con actividades culturais que permitirán aos asistentes descubrir o patrimonio de Tui e Valença, así como percorrer un tramo do Camiño Portugués o sábado 16 de novembro.

O Grupo Compostela de Universidades
O Grupo Compostela de Universidades (GCU) é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, que traballa en favor da colaboración e promove o diálogo en todos os ámbitos da educación superior. O GCU comezou a súa andaina no ano 1994 e desde a súa creación foi crecendo ata unir ao seu camiño a máis de 60 universidades de todo o mundo. Todos os peregrinos do Grupo Compostela de Universidades comparten os valores de cooperación e integración desenvolvidos en torno ao Camiño a Santiago.