Saltar ao contido principal
Xornal

A segunda Semana da Ciencia do IGFAE mostra as particularidades dos aceleradores de partículas

Entre os días 11 e 16 están previstas diversas actividades para públicos de distintas idades aos que se mostrará o labor deste Instituto no campo da física de partículas, astropartículas e nuclear

Actualizada: 05-11-2019 14:26
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

Cartel co programa de actividades previstas

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) desenvolverá entre os días 11 e 16 a segunda edición da Semana da Ciencia. En diferentes localizacións de Santiago e dirixida a un público de distintas idades, o evento pretende dar a coñecer o labor deste Instituto no campo da física de partículas, astropartículas e nuclear a través de distintas actividades, organizadas co obxectivo de fomentar a cultura científica na cidadanía galega e vocacións STEM entre os máis novos.

Nesta edición o tema vertebrador do programa son os aceleradores de partículas xa que se cumpren agora 90 anos do primeiro deles: o ciclotrón de Ernest Lawrence. O invitado que inaugurará o vindeiro luns 11 a Semana da Ciencia é o líder da construción do LHC do CERN, Lyn Evans, quen dará unha charla gratuíta para todos os públicos sobre o maior colisionador de partículas do mundo. O martes, seguiralle a física teórica e cineasta Ágnes Mócsy cun coloquio para explorar as interseccións arte-ciencia, ademais doutras actividades como unha Nerdnite temática de aceleradores de partículas, a entrega de premios do II Concurso de Comunicación Científica e a xornada de portas abertas ‘ Ciencia Singular’, organizada conxuntamente pola Rede de Centros Singulares de Investigación da USC.