Saltar ao contido principal
Xornal

O reitor da USC visita en Castro de Rei a planta de Agroamb polo 20 aniversario deste grupo empresarial ligado ao campus lugués

O administrador de Agroamb, Severiano Ónega, recibirá este xoves, ás 11.30 horas, na sede de Ponte de Outeiro, a delegación universitaria encabezada por Antonio López

Actualizada: 06-11-2019 12:31
Comparte esta noticia en Facebook Comparte esta noticia en Del.icio.us Comparte esta noticia en Meneame Comparte esta noticia en Google Bookmarks Comparte esta noticia en Yahoo

O reitor da USC, Antonio López Díaz, visitará este xoves a sede do grupo empresarial Agroamb na localidade de Ponte de Outeiro, no municipio de Castro de Rei, co gallo da conmemoración dos primeiros 20 anos de actividades desta empresa ligada ao campus de Lugo desde as súas orixes en 1999.

 

A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, acompañará ao reitor na visita á planta de Agroamb, onde, ás 11.30 horas, serán recibidos por Severiano Ónega Ares, administrador deste grupo empresarial que xa se ten convertido en referente nacional e internacional e que desde os seus comezos colabora en diversas actuacións e proxectos con varios grupos de investigación do Campus de Lugo da USC.

 

O alcalde do concello de Castro de Rei, Francisco Balado, e a directora de Estratexia do grupo Agroamb, Josefa de León Blanco, tamén participarán, ademais doutro persoal da empresa, na primeira visita institucional do reitor da USC a Agroamb.