Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Venres, 22 de marzo de 2019
O reitor e a decana saúdanse nun momento da toma de posesión deste venres. Foto: Servimav-USC
A profesora Elena López Lago tomou posesión como decana da Facultade de Física
Actualizada: 22-03-19 14:45
A profesora Elena López Lago tomou posesión este venres 22 do seu cargo como decana da Facultade de Física nunha sesión protocolaria que presidiu o reitor Antonio López no Salón de Actos da propia facultade. Completan o equipo de goberno Beatriz Fernández Domínguez, como vicedecana, e Manuel Vázquez Ramallo, como secretario. Na sesión tamén interveu o decano saínte, o profesor Luis Miguel Varela Cabo ... [máis]
De esquerda a dereita, Roberto Salgueiro (USC) e Fernando da Costa (Ourense) co premio de honra Marisa Soto. Foto: LaDiapo / AAAG
A Aula de Teatro da USC, Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Actualizada: 22-03-19 12:15
A Aula de Teatro da USC acaba de recibir o Premio de Honra Marisa Soto outorgado polo Asociacións de Actores e Actrices de Galicia e entregada no transcurso da gala dos Premios de Teatro María Casares. O premio foi concedido ex aequo coa Aula de Teatro Universitaria de Ourense.

Con este galardón, recoñécese o inxente labor destas dúas aulas de teatro, “auténticas canteiras para ... [máis]
Elvira Burgos diserta o luns en Filosofía sobre a pensadora feminista Judith Butler
Elvira Burgos diserta o luns en Filosofía sobre a pensadora feminista Judith Butler
Actualizada: 22-03-19 13:39
A profesora de Filosofía da Universidade de Zaragoza Elvira Burgos ofrece o luns 25 na USC a conferencia 'Judith Butler. O pensamento e a acción feministas'. Organizado pola profesora da Facultade de Filosofía María Xose Agra, o relatorio terá lugar ás 19:00 horas no Salón de Actos do centro.

A conferenciante, cuxas liñas de investigación xiran en torno ao pensamento feminista e a filosofía ... [máis]
Imaxe corporativa da aceleradora vertical alimentaria Business Factory Food
A aceleradora do sector alimentario Business Factory Food, na que participa a USC, presenta a súa oferta en Lugo e Santiago
Actualizada: 22-03-19 09:09
A aceleradora vertical especializada no sector alimentario Business Factory Food (BFF), unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Sociedade Xestora de Entidades de Investimento de Tipo Pechado (Xesgalicia) e da Axencia Galega de Innovación (GAIN), na que participa a USC xunto coas demais universidades galegas, entre outras entidades ... [máis]
Nacho Samena
O lugués Nacho Samena e Hit de beat ofrecen espectáculo ‘Unha viaxe musical no tempo’ este luns no auditorio da Casa do Saber
Actualizada: 22-03-19 14:38
O estudante de piano no Conservatorio de Música de Lugo Nacho Samena presentará este luns 25 de marzo xunto cos seus compañeiros do grupo Hit de beat o espectáculo ‘Unha viaxe musical no tempo’ no auditorio da Casa do Saber. Esta función encádrase no marco do ciclo Na Calzada, unha actividade complementaria do programa de música clásica promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural ‘Músicas ... [máis]
Máis alá do Estereotipo, primeira exposición individual da artista compostelá Mery Pais en Galicia
Máis alá do Estereotipo, primeira exposición individual da artista compostelá Mery Pais en Galicia
Actualizada: 22-03-19 12:55
A Universidade de Santiago, en colaboración co Concello compostelán e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, inaugura o vindeiro xoves 28 ás 20.00 horas na Igrexa da Universidade a mostra ‘Máis alá do Estereotipo’, a primeira exposición individual da artista compostelá Mery Pais (Santiago, 1990) en Galicia.

Comisariada por Íñigo Rodríguez, a exposición recolle o máis importante traballo ... [máis]
Participantes na xornada 'Pensar unha alimentación máis próxima', celebrada en Ribadeo
A Rede Revolta aborda nun foro en Ribadeo a creación dunha estratexia alimentaria participativa na área de influencia do Eo
Actualizada: 22-03-19 12:32
A Rede Revolta, integrada por oito grupos e investigación das universidades galegas e configurada como o lugar de encontro das investigacións ao redor da agroecoloxía e do medio rural galego, debate este venres en Ribadeo sobre o deseño e a creación dunha estratexia alimentaria participativa na área de influencia do río Eo. A xornada, ‘Pensar unha alimentación máis próxima’, un foro de ... [máis]
Cartaz da xornada
A residencia Bal y Gay da USC organiza un taller de restauración de mobles no marco do programa ‘Corresponsabilízate!’
Actualizada: 22-03-19 09:46
O programa de obradoiros de supervivencia doméstica ‘Corresponsabilízate!’, impulsado pola Oficina de Igualdade de Xénero dependente da Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da USC e organizado pola residencia universitaria Jesús Bal y Gay coa colaboración da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, desenvolverá este luns 25, de 19.00 a 21.00 horas, un taller de restauración de  ... [máis]
O Grupo Compostela de Universidades e a Asociación de Municipios del Camino de Santiago lanzan un programa de voluntariado
Actualizada: 22-03-19 10:55
O Grupo Compostela de Universidades (GCU) e a Asociación de Municipios del Camino de Santiago impulsan o programa de voluntariado para mozos e mozas University Walking Community, que se desenvolverá de xuño a setembro de 2019 en diversos concellos do Camiño Francés. Para lograr o obxectivo de promover entre a comunidade universitaria a realización de accións de voluntariado no Camiño, ambas ... [máis]
O reitor coas persoas gañadoras e representantes de entidades colaboradoras. Foto: Servimav
A USC premia por segundo ano consecutivo os proxectos de ApS das súas aulas
Actualizada: 21-03-19 13:31
A profesora do Departamento de Didácticas Aplicadas Carol Jean Guillanders recolleu este xoves de mans do reitor Antonio López o primeiro premio dos galardóns Responsabilidade Social e Innovación Educativa: a aprendizaxe-servizo (ApS) na docencia da USC polo proxecto ‘Recuperando as tradicións a través da música e das artes’, unha iniciativa levada a cabo con menores e maiores dos centros culturais ... [máis]
Especialistas europeos avalían a eficacia das axudas outorgadas á acuicultura europea
Especialistas europeos avalían a eficacia das axudas outorgadas á acuicultura europea

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 21-03-19 14:08
Un equipo de investigadores no que participa o profesor de Economía Aplicada da USC Sebastián Villasante acaba de publicar, en colaboración con diversas institucións españolas e europeas, un novo estudo na revista científica Marine Policy no que se cuantifica, por vez primeira, o volume total de subsidios outorgados á acuicultura europea durante os últimos 15 anos. Os resultados mostran que a pesar de que a Unión Europea investiu en axudas máis ... [máis]
Jesús Varela e Pilar García Porto, con actores e a directora da compañía de teatro USC-Lugo, na presentción do XXV Festival de Teatro Universitario
O Festival de Teatro Universitario celebra as vodas de prata en Lugo do 26 de marzo ao 1 de abril cun programa de calado social
Actualizada: 21-03-19 13:34
O Festival de Teatro Universitario celebra as súas vodas de prata en Lugo cunha programación de marcado calado social que arrancará o 26 de marzo do auditorio municipal Gustavo Freire e que estenderá ata o 1 de abril cunha intervención na rúa conmemorativa do Día Internacional do Teatro e coa presentación das montaxes de catro compañías universitarias de Santiago, Lugo, Ourense e León.  ... [máis]
O terceiro Ciclo de arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres dedicaráselle a Lydia Zapata
O terceiro Ciclo de arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres dedicaráselle a Lydia Zapata
Actualizada: 21-03-19 10:33
Unha decena de mulleres arqueólogas chegadas de todas as partes do mundo participarán o 25 de abril na terceira edición do Ciclo ARCH-BOT de arqueoloxía, arqueobotánica e mulleres, nesta ocasión dedicado á memoria da investigadora vasca Lydia Zapata, unha das mellores especialistas europeas en Paleobotánica finada en 2015.

Organizado polo grupo GEPN-AAT da USC e coordinado por María Martín-Seijo ... [máis]
Marilar Aleixandre, na cerimonia de ingreso na Real Academia Galega. Foto: RAG
María Pilar Jiménez Aleixandre recibe o prestixioso premio Distinguished Contribution to Research Award
Actualizada: 20-03-19 12:50
A profesora ad honorem da USC María Pilar Jiménez Aleixandre acaba de ser galardoada coa máxima distinción que outorga anualmente a organización mundial de investigación en didáctica das ciencias NARST (National Association for Research in Science Teaching), o Premio á Contribución Sobresaliente á Investigación de 2019, o máis importante do mundo na área de didáctica das ciencias e que,  ... [máis]
A USC ascende á posición 407 do ránking Global Universities de US News
A USC ascende á posición 407 do ránking Global Universities de US News
Actualizada: 20-03-19 14:22
De entre as 1250 universidades máis importantes do mundo, a de Santiago é a novena das españolas e a 407º da clasificación xeral, realizada cos datos de institucións de 75 países. Estes serían os indicadores destacados no ránking Global Universities de US News & World Report que avalía o desempeño investigador das universidades e a súa reputación en base ás valoracións outorgadas por membros da comunidade académica de todo o mundo.
<br ... [máis]
Versión en galego da Táboa Periódica de elementos químicos elaborada polo grupo CienciaNOSA da USC
O grupo CienciaNOSA da USC achega a Química á sociedade cunha versión actualizada e en galego da Táboa Periódica
Actualizada: 20-03-19 10:50
O grupo de innovación docente CienciaNOSA da USC, que coordina o profesor da Facultade de Ciencias Marcelino Maneiro, vén de elaborar unha nova versión actualizada e en galego da táboa periódica, un novo documento de traballo do que desde hoxe se distribuirán 13.000 exemplares por todos os centros educativos de ensino secundario de Galicia. Esta acción permitirá ao alumnado preuniversitario de Galicia contar ... [máis]
Olimpíada Matemática 2017
A USC colabora na organización da fase final da Olimpíada Matemática Española en Ourense
Actualizada: 20-03-19 00:03
A USC colabora coa Real Sociedade Matemática Española (RSME) na organización das probas finais da fase nacional da LV Olimpíada Matemática Española (OME) que se celebrará entre o venres 22 e o sábado 23 en Ourense coa maior proporción de chicas rexistradas ata a actualidade. O profesor da Facultade de Matemáticas da USC Felipe Gago preside o comité organizador desta competición na que tomarán partido dez ... [máis]
A vicerreitora Victoria Otero e o vicepresidente atenden as explicacións de Tatiana López. Foto: Xunta de Galicia
Nanogap, exemplo dunha spin-off da USC liderada por mulleres
Actualizada: 15-03-19 14:08
A empresa Nanogap, dirixida pola química Tatiana López do Río, recibiu este venres a visita do responsable da Vicepresidencia da Xunta de Galicia da que depende a Secretaría Xeral de Igualdade, Alfonso Rueda, como exemplo dunha spin-off da Universidade de Santiago de Compostela liderada en feminino. Nas instalacións de Milladoiro agardábano a vicerreitora de Titulacións, Victoria Otero, e representantes ... [máis]
Cartaz do XV Curso de Primavera da USC 'Andar, camiñar, marchar...'
A USC fai visible as novas linguaxes cun certame de videocreación no marco do Curso de Primavera ‘Andar, camiñar, marchar..’
Actualizada: 15-03-19 14:05
A USC aposta pola visibilización das novas linguaxes coa convocatoria dun certame de videocreación, cuxa temática está estreitamente ligada coa do XV Curso de Primavera ‘Andar, camiñar, marchar…’, un programa de reflexión e debate promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello e Deputación Provincial de Lugo, que se desenvolverá do 10 ao 12 de abril na Facultade de Humanidades. O I Certame ... [máis]
Monitores científicos dunha edición do campus de verán XuvenCiencia
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC forma monitores científicos para o VII Campus de Verán XuvenCiencia
Actualizada: 15-03-19 14:42
O Servizo de Participación e Integración Universitaria (Sepiu) da USC forma a voluntarios e voluntarias para participar como monitores científicos do VII Campus de Verán XuvenCiencia 2019, que se desenvolverá ao longo do mes de xullo no campus de Lugo, a través dun programa de voluntariado que mantén aberto o período de inscrición ata o día 1 de abril a través da web do Sepiu. O Campus de Verán ... [máis]