Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Martes, 19 de novembro de 2019
Alumnado tomando parte na performance 'Otra más'. Foto: Santi Alvite
Alumnado de Ciencias da Educación aborda a construción do xénero a través de performances na rúa
Actualizada: 18-11-19 14:15
O alumnado da materia ‘Socioloxía da Educación’ da Facultade de Ciencias da Educación da USC abordou este luns 18, a través de diferentes performances na rúa, a construción do xénero. Esta manifestación artística ten moitas liñas de acción pero, neste caso, o estudantado levou a cabo unha intervención urbana, creando así un asalto á rúa e procurando a comunicación entre espectador e actor ... [máis]
De esquerda a dereita, Manuel Guaita, Montserrat Valcárcel, José Ignacio Lema e Óscar Andrés Quintela, na presentación do convenio entre Xera e Pemade, na EPS de Enxeñaría de Lugo
USC e Xunta poñen en valor a madeira coa aposta por especies forestais de crecemento en Galicia e o seu uso na construción
Actualizada: 18-11-19 12:58
A Plataforma de Enxeñaría de Madeira Estrutural (Pemade) do Campus de Lugo da USC e a Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, están a colaborar no desenvolvemento de diversas liñas de traballo orientadas á posta en valor de especies forestais de crecemento en Galicia e á promoción do uso de madeira na construción. O director ... [máis]
Imaxe da plataforma web na que se desenvolve a ECSOC 23
A Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica recibe máis de 120 comunicacións científicas na súa edición número 23
Actualizada: 18-11-19 13:43
A vixésima terceira edición da Conferencia Electrónica de Química de Síntese Orgánica (ECSOC-23), un congreso virtual promovido polo grupo de investigación Novas Metodoloxías Sintéticas (SWT) do Campus Terra da USC, integrado polos profesores do Departamento de Química Orgánica da USC na Facultade de Ciencias Julio A. Seijas Vázquez e Pilar Vázquez Tato, recibiu nesta ocasión máis de 12 comunicacións científicas ... [máis]
Marco Giacintucci
Unha investigación sobre San Xulián o Hospitalario, Premio sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións 2019
Actualizada: 18-11-19 13:06
A Cátedra ‘O Camiño de Santiago e as Peregrinacións’ da USC acaba de outorgar o Premio de Investigación sobre o Camiño de Santiago e as Peregrinacións 2019 ao profesor Marco Giacintucci polo seu libro Il Paternoster dei san Giuliano ospitatore. Testi e Letterature – dalle origini alle fonti narrative italiane ... [máis]
Cartaz coa programación de relatorios incluída no ciclo Luis Asorey 2019
Un relatorio sobre bioeconomía e economía circular abre este luns o Ciclo Luis Asorey 2019 no lugués Pazo de San Marcos
Actualizada: 18-11-19 14:10
Bioeconomía e economía circular centran a temática dos relatorios e sesións de debate programadas no marco do ciclo Luis Asorey 2019, un foro de divulgación científica promovido pola Real Academia de Ciencias de Galicia en colaboración coa USC que se desenvolverá do 18 ao 27 de novembro no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. A enxeñeira de montes e investigadora do Instituto ... [máis]
Cartel da xornada
O Dereito do Traballo ante a doutrina do Tribunal de Xustiza da UE en materia de política social, obxecto de análise na USC
Actualizada: 18-11-19 14:07
A Facultade de Dereito da USC celebrará a vindeira semana, a Xornada ‘Retos do Dereito do Traballo ante a doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea en materia de política social e dereitos fundamentais’, en colaboración co Consello Galego de Relacións Laborais. Esta iniciativa está dirixida especialmente aos profesionais do ámbito laboral, axentes sociais, así como a estudantes universitarios ... [máis]
Participantes e organizadores do XXV Maratón Fotográfico do Campus
O Maratón Fotográfico do Campus demanda ‘tranquilidade’ na edición que cumpre as súas vodas de prata
Actualizada: 18-11-19 10:52
O Maratón Fotográfico do Campus demanda ‘tranquilidade’ na edición que cumpre as súas vodas de prata, tal e como o indicaron o adxunto á Vicerreitoría de Coordinación do Campus de Lugo para Estudantes, Internacionalización, Cultura e Servizos, Jesús Varela Zapata, e o coordinador deste certame artístico promovido pola Área de Cultura da USC en colaboración co grupo fotocinematográfico Fonmiñá ao abeiro ... [máis]
Alberto Ruano Raviña. Imaxe de arquivo
Investigadores da USC confirman a relación entre bricolaxe e cancro de pulmón

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 15-11-19 10:49
Investigadores da USC acaban de publicar un estudo na revista Environmental Research no que constatan que aquelas persoas que realizan actividades de tipo bricolaxe, pintura, modelismo ou restauración de mobles no seu tempo libre, posúen un maior risco de desenvolver cancro de pulmón. Neste estudo participaron catorce hospitais das comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid, así como e un hospital ... [máis]
De esquerda a dereita, Elena López Lago, decana da Facultade de Física; Francisco Fraga López, decano da Facultade de Ciencias; Pilar Bermejo Barrera, decana da Facultade de Química; Antonio López, reitor da USC; Mª Elena Vázquez Cendón, decana da Facultade de Matemáticas; e Antonio Segura Iglesias, decano da Facultade de Bioloxía. Foto: Santi Alvite
Celebración da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química
Actualizada: 15-11-19 14:22
O reitor Antonio López presidiu este venres na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química, o acto conmemorativo co gallo da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química. Xunto ao reitor, tomaron parte no acto Francisco Fraga López, decano da Facultade de Ciencias; Elena López Lago, decana da Facultade de Física; Antonio ... [máis]
Obra participante no certame. Foto: Santi Alvite
Entregados os premios ‘Xuventude Crea’ nas categorías de fotografía e artes plásticas
Actualizada: 15-11-19 14:17
O certame ‘Xuventude Crea’ fixo entrega este venres na Igrexa da Universidade dos seus galardóns nas categorías de fotografía e artes plásticas. Adriana Silva Fernández de A Estrada coa obra ‘ Cartografía do esquecemento’ e Alva Vidal Capón de Tui coa obra ‘Non estou tola, a miña realidade é diferente á túa’ foron as participantes recoñecidas co primeiro premio na categoría de fotografía. En arte plásticas ... [máis]
Portada do e-book
O e-book Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno, premio nacional de edición universitaria
Actualizada: 15-11-19 15:03
O e-book en formato pdf editado polo Servizo de Publicacións da USC Na procura da noite. Fotografando o ceo nocturno é a mellor edición dixital e multimedia da vixésima segunda edición dos Premios Nacionais de Edición Universitaria. O responsable do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco, acaba de recoller o galardón concedido á USC no transcurso da Asemblea Xeral da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE). Un xurado independente ... [máis]
A xuntanza de traballo celebrouse no Colexio de Fonseca. Foto: Santi Alvite
O proxecto de apoio a persoas refuxiadas UNINTEGRA celebrou a súa xornada de clausura na USC
Actualizada: 15-11-19 14:13
O proxecto UNINTEGRA, coordinado dende o ano 2017 polo Servizo de Relacións Exteriores, propón diferentes accións para fomentar o apoio á integración de persoas refuxiadas proporcionándolles recursos e ferramentas para a súa inclusión e incidindo na sensibilización das comunidades de acollida. A xornada de clausura desta iniciativa conxunta coa universidade de Minho e a universidade Nacional  ... [máis]
Álvaro de Bazal, este venres ao remate das clases na EPS de Enxeñaría de Lugo
Das aulas da EPS de Enxeñaría á gran pantalla para facerlle fronte ao lume
Actualizada: 15-11-19 14:32
O cervantego Álvaro Fernández López, a identidade real do brigadista de ‘O que arde’, Álvaro de Bazal, recibiu a chamada do cine nas aulas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC, onde está a cursar o dobre título de grao en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural. “Nunca traballara como brigadista nin nada parecido, pero un día ... [máis]
Cartel das xornadas
O grupo de investigación ANTE procura novos mecanismos de financiamento da colaboración transfronteiriza
Actualizada: 15-11-19 09:25
O grupo de investigación de Análise Territorial (ANTE) impulsa unhas xornadas sobre políticas e instrumentos para o desenvolvemento do río Miño transfronteirizo que terán lugar en Tomiño os días 18 e 19 de novembro. No encontro, organizado na USC por Rubén Camilo Lois e Juan Manuel Trillo do Departamento de Xeografía, analizarase o próximo marco financeiro europeo con representantes do Ministerio de ... [máis]
No centro, o reitor con integrantes dos dous equipos finalistas. Foto: Santi Alvite
Nécora impúxose a Gürtel na final da Liga de Debate Universitario
Actualizada: 14-11-19 14:02
A sétima edición da Liga de Debate Universitario acaba de celebrar a súa final cun debate arredor do tema ‘É compatible o desenvolvemento económico co coidado do medio ambiente?’. Nesta confrontación, promovida por Club Debate Universitario, o equipo Nécora proclamouse gañador da competición fronte a Gürtel, con seis dos oito votos dos xurado. Ambos os dous defenderon e criticaron, entre outros aspectos ... [máis]
De arriba a abaixo e de esqueda a dereita, Jorge Mira, Henrique Monteagudo, Luís F. Seoane e Xaquín Loredo
Un estudo constata a través de modelos matemáticos a boa saúde da convivencia entre o catalán e o castelán en Cataluña

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 13-11-19 14:21
Un equipo interdisciplinar no que participan os catedráticos da USC Jorge Mira e Henrique Monteagudo, acaba de publicar na revista Palgrave Communications, do grupo editorial Nature, un estudo baseado nun século de convivencia lingüística entre o catalán e o castelán en Cataluña. Os modelos matemáticos empregados na investigación suxiren que o castelán seguirá gañando falantes pouco a pouco, malia que a convivencia entre ambas as dúas linguas goza na actualidade de boa saúde ... [máis]
Público asistente ao acto. Foto: Santi Alvite
O Libro Branco de Economía Social de Galicia pon o foco no impacto das fórmulas xurídicas e asociativas
Actualizada: 14-11-19 13:41
O Libro Branco de Economía Social de Galicia, publicación dirixida por Maite Cancelo Márquez e Manuel Botana do Centro de Estudos Cooperativos da Universidade, ten como obxectivo principal cuantificar a importancia que a comunidade autónoma galega ten en todo o conxunto de familias que compoñen a Economía Social. O reitor Antonio López presidiu este mércores o acto de presentación da publicación ... [máis]
Cartaz da xornada sobre etnografía do  Courel
A Estación Científica do Courel organiza unha xornada divulgativa sobre a etnografía local plantas medicinais o 23 de novembro
Actualizada: 14-11-19 12:02
A Estación Científica do Courel acollerá o vindeiro 23 de novembro unha xornada monográfica sobre etnografía courelá, na que intervirán como relatores Jesús Afonso Parada Jato e a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza, que impartirá un curso sobre usos tradicionais de plantas medicinais na serra courelá. Esta actividade formativa, promovida polo Campus Terra da USC a través do director ... [máis]
Cartaz da xornada
Unha xornada monográfica analiza na EPSE a situación dos ecosistemas ante o cambio climático
Actualizada: 13-11-19 14:21
A Ecola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC acollerá do vindeiro mércores 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no salón de actos, a xornada Ecosistemas contra o Cambio Climático, unha sesión aberta ao público interesado que servirá de escenario para a presentación do proxecto ‘Infraestrutura Verde para a Adaptación da Ordenación Territorial ao Cambio Climático’ (Inverclima ... [máis]
Paulino Martínez, Montserrat Valcárcel e Maribel Quiroga, na presentación de 'BioReDes fai camiño'
BioReDes conecta a I+D+i do Campus de Lugo coa contorna produtiva cultural e social a través das rutas xacobeas con ‘Camiños con ciencia’
Actualizada: 12-11-19 14:35
A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC BioRedes busca achegar e conectar a I+D+i que se desenvolve na sede universitaria luguesa coa contorna produtiva, social e cultural de Galicia a través das rutas xacobeas co proxecto ‘BioReDes fai camiño’, un programa incluído no plan de dinamización do Xacobeo 2021 ‘O teu Xacobeo’ promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta ... [máis]
Investigadores españois e lusos, no obradoiro científico celebrado en Peneda-Gerês, ao abeiro do Life Taxus
O Ibader presenta en Portugal as accións de mellora de teixaidais realizadas en Pedrafita do Cebreiro ao abeiro do Life Baccata
Actualizada: 12-11-19 11:39
Investigadores do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC implicados no proxecto Life Baccata veñen de participar no Parque Nacional da Peneda-Gerês (Terras de Bouro, Portugal) xunto co resto de socios deste programa europeo orientado á conservación, seguimento e difusión para a mellora dos teixadais na Cordilleira Cantábrica, nun obradoiro internacional de intercambio ... [máis]
Facultade de Filosofía. Foto: RQ
Filosofía volve saír á rúa
Actualizada: 12-11-19 10:15
O ciclo ‘Filosofía na rúa’ botará a andar este martes 12 de novembro co relatorio ‘Facer filosofía’ a cargo de Javier Turnes do IES Rosalía de Castro, a partir das 19.00, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Esta iniciativa estenderase ata o vindeiro mércores 20 e pretende un ano máis conmemorar o Día Mundial da Filosofía. Laura Calvo e Sergio Meijide, doutorandos en Historia ... [máis]
Participantes e organizadores da fase provincial do I Torneo Nacional de Debate Económico en Bacharelato, na Facultade de Ade
Estudantes do Colexio Galén acceden á final do Torneo Nacional de Debate Económico en Bacharelato tras gañar a fase provincial
Actualizada: 11-11-19 11:05
Estudantes do Centro Educativo Galén participarán os días 26 e 27 de novembro na fase final do I Torneo Nacional de Debate Económico de Bacharelato, logo de proclamarse campións provinciais de Lugo no certame celebrado na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo e no que tamén tomaron parte equipos integrados por cinco estudantes de Bacharelato que cursan a materia ... [máis]
Docentes participantes nunha edición anterior das Xornadas para Profesorado do proxecto 'Xuvenciencia. Fago logo aprendo'
‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’ lanza a sexta edición das xornadas para profesorado e ofrece seis kits de investigación na aula
Actualizada: 08-11-19 14:42
O proxecto ‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’, promovido polo grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo que coordina a profesora Mercedes Novo Rodríguez, lanza a súa sexta edición coa aspiración de chegar a máis dun milleiro de alumnos de secundaria e bacharelato no curso 2019-20, ao tempo que abre a convocatoria para o profesorado de ensino medio que desexe participar na próxima edición <a  ... [máis]
Patrocinio Morrondo, nova asesora do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Goberno de España
Patrocinio Morrondo, nova asesora do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Goberno de España
Actualizada: 08-11-19 12:47
A catedrática da área de Sanidade Animal na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da USC Patrocinio Morrondo Pelayo prestará asesoramento ao Goberno de España en materia de infraestruturas científicas e técnicas singulares, logo de ser nomeada vogal do Comité Asesor de Infraestruturas Singulares (CAIS) da Comisión Executiva do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación (Cecpti ... [máis]
Na edición do ano pasado, no campus de Compostela acadáronse 37.535 horas de estudo. Foto: Santi Alvite
A XVII Olimpíada Solidaria de Estudo bota a andar na USC ata o vindeiro 5 de decembro
Actualizada: 05-11-19 14:50
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC (SEPIU) e a Fundación Coopera impulsan a XVII Olimpíada Solidaria de Estudo, unha acción de educación para o desenvolvemento e de sensibilización que bota andar este martes e que se prolongará ata o 5 de decembro. Baixo o lema ‘ Estou onde podo axudar’, por cada hora de estudo de cada alumno ou alumna, as entidades patrocinadoras destinarán ... [máis]
Ana Abelleira, Montserrat Valcárcel, Xusto Rodríguez e Adrián Casanova, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
O ciclo DivulgaTerra 2019, no que participan 24 investigadores do Campus de Lugo, bota a andar este xoves na Casa do Saber
Actualizada: 05-11-19 13:38
O evento de divulgación científica DivulgaTerra, unha iniciativa orientada a dar a coñecer o traballo desenvolvido polas investigadoras e investigadores do Campus Terra da USC, ademais de potenciar e poñer en valor o galego como lingua da comunicación científica, bota a andar a súa cuarta edición este xoves 7 de novembro no auditorio da Casa de Saber de Lugo cunha xornada arredor de pescudas ligadas ... [máis]
Cartel do simposio
O simposio do ILG 2019 desenvolverase co lema ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’
Actualizada: 04-11-19 14:41
Desde o ano 2001, o Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza cada outono un simposio dedicado a un tema específico, escollido polo seu interese para a comunidade científica ou para a formación continua dos titulados universitarios. O Simposio ILG 2019 ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’ busca amosar algúns dos resultados obtidos durante o desenvolvemento do proxecto ‘ Patrimonio léxico  ... [máis]