Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Xoves, 14 de novembro de 2019
O reitor presidiu a sesión inaugural do encontro. Foto: Santi Alvite
Os organismos equivalentes á CIUG en España debaten na USC propostas para harmonizar a organización dos distritos universitarios
Actualizada: 14-11-19 13:41
A Facultade de Ciencias Políticas da USC acolle estes días unha xuntanza coordinada pola Comisión Interuniversitaria Galega (CIUG) e na que participan medio centro de representantes dos organismos homólogos da CIUG no resto do Estado. A Santiago acudirán representantes de Canarias, Baleares, Andalucía, Cataluña, Euskadi, Madrid, Aragón, Estremadura, Murcia, Navarra, Castela León, Valencia, A Rioxa, ... [máis]
No centro, o reitor con integrantes dos dous equipos finalistas. Foto: Santi Alvite
Nécora impúxose a Gürtel na final da Liga de Debate Universitario
Actualizada: 14-11-19 14:02
A sétima edición da Liga de Debate Universitario acaba de celebrar a súa final cun debate arredor do tema ‘É compatible o desenvolvemento económico co coidado do medio ambiente?’. Nesta confrontación, promovida por Club Debate Universitario, o equipo Nécora proclamouse gañador da competición fronte a Gürtel, con seis dos oito votos dos xurado. Ambos os dous defenderon e criticaron, entre outros aspectos ... [máis]
De arriba a abaixo e de esqueda a dereita, Jorge Mira, Henrique Monteagudo, Luís F. Seoane e Xaquín Loredo
Un estudo constata a través de modelos matemáticos a boa saúde da convivencia entre o catalán e o castelán en Cataluña

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 13-11-19 14:21
Un equipo interdisciplinar no que participan os catedráticos da USC Jorge Mira e Henrique Monteagudo, acaba de publicar na revista Palgrave Communications, do grupo editorial Nature, un estudo baseado nun século de convivencia lingüística entre o catalán e o castelán en Cataluña. Os modelos matemáticos empregados na investigación suxiren que o castelán seguirá gañando falantes pouco a pouco, malia que a convivencia entre ambas as dúas linguas goza na actualidade de boa saúde ... [máis]
Imaxe de arquivo do grupo Photonics4life
O grupo Photonics4life gaña un dos tres Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019
Actualizada: 13-11-19 13:13
O grupo de investigación Photonics4life da USC acaba de ser recoñecido nos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2019 na categoría de mellor tecnoloxía aínda non transferida pero susceptible de ser aplicada ao sector empresarial. O galardón é unha convocatoria da Real Academia Galega de Ciencias coa colaboración da Axencia Galega de Innovación. Concretamente, o equipo da USC foi recoñecido ... [máis]
Festividade de San Alberte Magno, este venres en Química
Actualizada: 14-11-19 14:32
O reitor Antonio López preside este venres 15, a partir das 12.00 horas, na Aula Magna Antonio Casares da Facultade de Química, o acto conmemorativo co gallo da festividade de San Alberte Magno, patrón das facultades de Bioloxía, Ciencias, Física, Matemáticas e Química. Xunto ao reitor, está previsto que tomen parte no acto Francisco Fraga López, decano da Facultade de Ciencias; Elena ... [máis]
Público asistente ao acto. Foto: Santi Alvite
O Libro Branco de Economía Social de Galicia pon o foco no impacto das fórmulas xurídicas e asociativas
Actualizada: 14-11-19 13:41
O Libro Branco de Economía Social de Galicia, publicación dirixida por Maite Cancelo Márquez e Manuel Botana do Centro de Estudos Cooperativos da Universidade, ten como obxectivo principal cuantificar a importancia que a comunidade autónoma galega ten en todo o conxunto de familias que compoñen a Economía Social. O reitor Antonio López presidiu este mércores o acto de presentación da publicación ... [máis]
Cartaz da xornada sobre etnografía do  Courel
A Estación Científica do Courel organiza unha xornada divulgativa sobre a etnografía local plantas medicinais o 23 de novembro
Actualizada: 14-11-19 12:02
A Estación Científica do Courel acollerá o vindeiro 23 de novembro unha xornada monográfica sobre etnografía courelá, na que intervirán como relatores Jesús Afonso Parada Jato e a licenciada en Farmacia María Moure Oteyza, que impartirá un curso sobre usos tradicionais de plantas medicinais na serra courelá. Esta actividade formativa, promovida polo Campus Terra da USC a través do director ... [máis]
Cartaz dos 'Xantares Biocientíficos' de BioReDes progamados para o venres 15 de novembro
Os castiñeiros senlleiros do sur de Europa, a análise no campus de Lugo no marco dos ‘Xantares Biocientíficos’ de BioReDes
Actualizada: 14-11-19 11:37
Os castiñeiros senlleiros do sur de Europa serán obxecto de debate na sesión dos ‘Xantares Biocientíficos’ de BioReDes que se desenvolverá este venres 15 de novembro, a partir das 13.00 horas, no edificio Cactus do campus de Lugo, un foro no que o catedrático do Departamento de Produción Vexetal e coordinador do grupo Agronomía da USC, Santiago Pereira Lorenzo, presentará os resultados da primeira  ... [máis]
Cartel do certame
A Igrexa da Universidade expón as obras finalistas do certame ‘Xuventude Crea’ nas categorías de fotografía e artes plásticas
Actualizada: 14-11-19 10:41
As obras finalistas do certame ‘Xuventude Crea’ nas categorías de fotografía e artes plásticas serán expostas na Igrexa da Universidade dende este venres 15. Este programa, impulsado pola Consellaría de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, vai dirixido a mozos ou mozas galegas ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre ... [máis]
Cartel do certame
Física entrega os premios do II Concurso de Comunicación Científica este xoves
Actualizada: 13-11-19 12:10
O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) fai entrega este xoves 14, na Aula Magna da Facultade de Física, a partir das 20.00 horas, dos galardóns pertencestes ao II Concurso de Comunicación Científica. O certame promove a cultura científica da cidadanía e, en particular, fomenta o interese pola Física, estimulando a aprendizaxe dos seus fundamentos. A participación no concurso estivo aberta a calquera persoa ... [máis]
Cartaz da xornada
Unha xornada monográfica analiza na EPSE a situación dos ecosistemas ante o cambio climático
Actualizada: 13-11-19 14:21
A Ecola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus de Lugo da USC acollerá do vindeiro mércores 20 de novembro, a partir das 10.00 horas, no salón de actos, a xornada Ecosistemas contra o Cambio Climático, unha sesión aberta ao público interesado que servirá de escenario para a presentación do proxecto ‘Infraestrutura Verde para a Adaptación da Ordenación Territorial ao Cambio Climático’ (Inverclima ... [máis]
Últimos días de inscrición no curso de videocreación impartido por Sabela Eiriz ao abeiro do Espazo de Cine da USC
Actualizada: 13-11-19 14:12
A Área de Cultura da USC no Campus de Lugo mantén aberto ata as 14.00 horas do xoves 14 de novembro o prazo de inscrición no curso de práctico de videocreación programado polo Espazo de Cine da USC e que será impartido pola polifacética artista Sabela Eiriz. O novo curso do Espazo de Cine da USC constitúe unha iniciativa promovida desde a Vicerreitoría de Cultura, Comunicación e Servizos ... [máis]
Cartel das xornadas
As ‘IV Xornadas diversidade sexual dende a educación’ botan a andar este xoves na Facultade de Ciencias da Educación
Actualizada: 13-11-19 13:25
As ‘ IV Xornadas diversidade sexual dende a educación: Interseccións, corpos e vidas’ desenvólvense na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida entre o 14 e o 16 de novembro. Presentar algunhas voces silenciadas dos activismos LGTBI, destruír os tópicos sobre as persoas disidentes sexuais doutras razas ou con outras capacidades, propoñer e analizar o marco da interseccionalidade fronte ao marco da discriminación múltiple, así como fundamentar as implicacións do marco ... [máis]
De esquerda a dereita, José Manuel Miranda, Carlos Franco, Beatriz Vázquez e Alberto Cepeda, no Lhica da USC
O Lhica da USC súmase este xoves ao Día Mundial da Diabetes con diversas actividades abertas á cidadanía
Actualizada: 13-11-19 11:08
Investigadores do Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo da USC súmanse este xoves 14 de novembro aos actos organizados polo Día Mundial da Diabetes coa celebración de diversas accións informativas que se desenvolverán no ‘punto solidario’ habilitado no Centro Comercial As Termas de Lugo, en horario de 10.00 a 21.00 horas. ... [máis]
Cartaz do segundo faladorio científico do ciclo DivulgaTerra 2019
DivulgaTerra 2019 presenta este xoves pescudas do Campus de Lugo ligadas coa ciencia e a tecnoloxía na Casa do Saber
Actualizada: 13-11-19 10:42
O evento de divulgación científica DivulgaTerra, unha iniciativa orientada a dar a coñecer o traballo desenvolvido polas investigadoras e investigadores do Campus Terra da USC, ademais de potenciar e poñer en valor o galego como lingua da comunicación científica, celebra este xoves 14 de novembro, a partir das 19.00 horas, no auditorio da Casa de Saber de Lugo, un novo faladoiro de divulgación científica ... [máis]
Paulino Martínez, Montserrat Valcárcel e Maribel Quiroga, na presentación de 'BioReDes fai camiño'
BioReDes conecta a I+D+i do Campus de Lugo coa contorna produtiva cultural e social a través das rutas xacobeas con ‘Camiños con ciencia’
Actualizada: 12-11-19 14:35
A Agrupación Estratéxica de Investigación do Campus Terra da USC BioRedes busca achegar e conectar a I+D+i que se desenvolve na sede universitaria luguesa coa contorna produtiva, social e cultural de Galicia a través das rutas xacobeas co proxecto ‘BioReDes fai camiño’, un programa incluído no plan de dinamización do Xacobeo 2021 ‘O teu Xacobeo’ promovido pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta ... [máis]
Cartel do Programa ConCiencia da USC
O Premio Nobel de Química 2015 Tomas Lindahl visita a USC convidado polo Programa ConCiencia
Actualizada: 14-11-19 12:27
O Premio Nobel de Química 2015 Tomas Lindahl, galardoado polos seus estudos mecanísticos da reparación de ADN, visitará a USC este mes de novembro no marco do Programa ConCiencia. O mércores 20, ás 19.30 horas, Lindahl pronunciará o relatorio ‘Inestabilidade de ADN e posibles formas de vida alternativas’ no auditorio Abanca. Asemade, no marco da apertura do XXV Encontro galego-portugués de química, Lindahl falará da reparación de dano endóxeno ... [máis]
O reitor, no centro, xunto coa representación da asociación recén creada de profesores eméritor. Foto: Santi Alvite
Constituída a Asociación de Profesores Eméritos da USC
Actualizada: 12-11-19 11:45
A Asociación de Profesores Eméritos da Universidade de Santiago (APE-USC) acaba de ser constituída no marco do Colexio de Profesorado Emérito da USC. Son obxectivos da Asociación así como do Colexio prestar apoio á USC, fomentar e contribuír na medida do posible a apoiar e mellorar a docencia, a investigación e a sociedade. Este novo colectivo mantivo un encontro na Reitoría compostelá no que foron ... [máis]
Investigadores españois e lusos, no obradoiro científico celebrado en Peneda-Gerês, ao abeiro do Life Taxus
O Ibader presenta en Portugal as accións de mellora de teixaidais realizadas en Pedrafita do Cebreiro ao abeiro do Life Baccata
Actualizada: 12-11-19 11:39
Investigadores do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) da USC implicados no proxecto Life Baccata veñen de participar no Parque Nacional da Peneda-Gerês (Terras de Bouro, Portugal) xunto co resto de socios deste programa europeo orientado á conservación, seguimento e difusión para a mellora dos teixadais na Cordilleira Cantábrica, nun obradoiro internacional de intercambio ... [máis]
Facultade de Filosofía. Foto: RQ
Filosofía volve saír á rúa
Actualizada: 12-11-19 10:15
O ciclo ‘Filosofía na rúa’ botará a andar este martes 12 de novembro co relatorio ‘Facer filosofía’ a cargo de Javier Turnes do IES Rosalía de Castro, a partir das 19.00, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía. Esta iniciativa estenderase ata o vindeiro mércores 20 e pretende un ano máis conmemorar o Día Mundial da Filosofía. Laura Calvo e Sergio Meijide, doutorandos en Historia ... [máis]
Os gañadores no acto de entrega do galardón
O proxecto ‘Bactidec’ da USC gaña o premio nacional do programa Santander Explorer 2019
Actualizada: 11-11-19 14:04
Os estudantes da Facultade de Medicina da USC José Rodríguez Gago e Carlos De Frías Polo acadaron o primeiro premio do Programa Santander Explorer competindo entre máis de 50 proxectos emprendedores de España, Portugal e Arxentina. O proxecto vencedor ‘Bactidec’ consiste nun dispositivo que mide en tempo real a presenza de bacterias en feridas cirúrxicas. Esta iniciativa acadou o primeiro premio, dotado ... [máis]
Monse Garabato,  Montserrat Valcárcel e José L. Villaverde, na presentación da incubadora de altas tecnoloxías BioIncubaTech no edificio Cactus de Lugo
BioIncubaTech impulsa desde Lugo o xerme da innovación biotecnolóxica nos eidos da saúde e das tecnoloxías alimentarias
Actualizada: 11-11-19 14:27
A Incubadora de Alta Tecnoloxía BioIncubaTech, promovida pola USC, en colaboración con Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, co obxecto de fomentar a innovación e a transferencia de biotecnoloxía nos ámbitos das ciencias da saúde e das tecnoloxías alimentarias aterra no Campus de Lugo da USC co obxecto e impulsar o nacemento de novas empresas de biotecnoloxía que contribúan á innovación e a ... [máis]
Reunión anual de seguimento da Cátedra. Foto: Santi Alvite
USC e Sanofi Genzyme renovan o seu compromiso por avanzar no diagnóstico e tratamento das enfermidades metabólicas
Actualizada: 11-11-19 13:41
A Universidade de Santiago de Compostela e Sanofi Genzyme veñen de reiterar a súa intención de seguir unindo esforzos por avanzar no coñecemento, diagnóstico e tratamento das enfermidades metabólicas, promovendo ao mesmo tempo a mellor atención dispoñible ás persoas afectadas por este tipo de doenzas hereditarias. No marco da súa reunión anual de seguimento, a Cátedra institucional da ... [máis]
Cartel da convocatoria
En marcha unha nova edición da convocatoria de Novos talentos musicais
Actualizada: 11-11-19 12:55
A USC e a Asociación Compostela Sound organizan o cuarto ciclo de concerto ‘ Novos Talentos Musicais’ para a promoción de novos músicos/as galegos, residentes en Galicia ou estudantes de centros música da comunidade autónoma. Este Ciclo diríxese a solistas de todos os instrumentos, cantantes e grupos de música de cámara menores de 29 anos. Constará de seis recitais compartidos no mes de marzo que terán lugar no Paraninfo ... [máis]
Participantes na xornada de presentación. Foto: Santi Alvite
Unha proposta de Nueva Pescanova pon en marcha o primeiro dos Desafíos empresariais con perspectiva de xénero
Actualizada: 11-11-19 10:22
O programa de Desafíos empresariais con perspectiva de xénero bota a andar co obxectivo de que alumnado universitario da USC achegue respostas con aval científico e académico a desafíos concretos formulados dende a empresa. Como protagonista do entorno empresarial, Nueva Pescanova lanzou este venres o seu desafío: identificar propostas de influencia de xénero na mellora continua, concretamente a través ... [máis]
Participantes e organizadores da fase provincial do I Torneo Nacional de Debate Económico en Bacharelato, na Facultade de Ade
Estudantes do Colexio Galén acceden á final do Torneo Nacional de Debate Económico en Bacharelato tras gañar a fase provincial
Actualizada: 11-11-19 11:05
Estudantes do Centro Educativo Galén participarán os días 26 e 27 de novembro na fase final do I Torneo Nacional de Debate Económico de Bacharelato, logo de proclamarse campións provinciais de Lugo no certame celebrado na Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus de Lugo e no que tamén tomaron parte equipos integrados por cinco estudantes de Bacharelato que cursan a materia ... [máis]
A xuntanza, presidida polo reitor, celebrouse na Reitoría compostelá. Foto: Santi Alvite
O goberno da USC apoia, de xeito incondicional, o acordo marco acadado entre decanato, departamentos e delegadas e delegados do alumnado da Facultade de Medicina
Actualizada: 08-11-19 23:23
O reitor, membros do equipo de goberno, equipo decanal da Facultade de Medicina, directores de departamento e delegadas e delegados do movemento estudantil do centro mantiveron esta tarde un encontro para analizar e ratificar, de xeito conxunto, o documento de acordos acadados polas partes en días previos que ten como obxectivo devolver a normalidade ao centro e á actividade docente. Froito deste proceso ... [máis]
Docentes participantes nunha edición anterior das Xornadas para Profesorado do proxecto 'Xuvenciencia. Fago logo aprendo'
‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’ lanza a sexta edición das xornadas para profesorado e ofrece seis kits de investigación na aula
Actualizada: 08-11-19 14:42
O proxecto ‘XuvenCiencia. Fago, logo aprendo’, promovido polo grupo de innovación docente XuvenCiencia do campus de Lugo que coordina a profesora Mercedes Novo Rodríguez, lanza a súa sexta edición coa aspiración de chegar a máis dun milleiro de alumnos de secundaria e bacharelato no curso 2019-20, ao tempo que abre a convocatoria para o profesorado de ensino medio que desexe participar na próxima edición <a  ... [máis]
Patrocinio Morrondo, nova asesora do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Goberno de España
Patrocinio Morrondo, nova asesora do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación do Goberno de España
Actualizada: 08-11-19 12:47
A catedrática da área de Sanidade Animal na Facultade de Veterinaria do campus de Lugo da USC Patrocinio Morrondo Pelayo prestará asesoramento ao Goberno de España en materia de infraestruturas científicas e técnicas singulares, logo de ser nomeada vogal do Comité Asesor de Infraestruturas Singulares (CAIS) da Comisión Executiva do Consello de Política Científica, Tecnolóxica e de Innovación (Cecpti ... [máis]
Antonio López, no centro da imaxe, xunto á vicepresidenta de Medel Mariarosaria Guglielmi, e Iria Gozález-López do secretariado de Medel. Foto: Santi Alvite
As políticas de xénero no desenvolvemento profesional nas máis altas maxistraturas, obxecto de análise na USC
Actualizada: 08-11-19 13:06
Xuíces e Xuízas para a Democracia e a Unión Progresista de Fiscais impulsan este venres, no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia, a xornada ‘Xénero e Xustiza’, en cuxa apertura tomou parte o reitor Antonio López. Este foro enmárcase no encontro de novembro de Maxistrados Europeos pola Democracia e a Liberdade (Medel). A xornada incluíu diversos relatorios de expertos e expertas ... [máis]
Sesión plenaria da xornada. Foto: Alfonso Ponte
A Facultade de Psicoloxía analiza a situación dos menores como vítimas da violencia de xénero
Actualizada: 08-11-19 14:00
A xornada ‘Os/as menores como vítimas na violencia de xénero’ contou este venres cun panel de expertos e expertas que abordaron a identificación, análise e mellora das boas prácticas na atención a menores expostos á violencia de xénero. O encontro contou coa presenza da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar; e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López ... [máis]
Cartel da xornada
O CHUS actualiza este sábado 9 os coñecementos sobre a prematuridade a través dunha xornada con expertos
Actualizada: 08-11-19 13:47
O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) impulsa unha xornada sobre prematuridade este sábado 9 de Novembro, ás 9.00 horas, para actualizar os coñecementos sobre esta materia e proporcionar aos profesionais que traballan con nenas e nenos prematuros instrumentos de avaliación do seu desenvolvemento psicolóxico. A xornada será presentada por Mari Luz Couce, neonatóloga ... [máis]
Bota a andar o programa Iacobus que fomenta o intercambio transfronteirizo de persoal nas universidades da Eurorrexión
Actualizada: 08-11-19 12:56
O prazo para tomar parte no Programa de Mobilidade Iacobus, nas categorías de estadías de investigación e de publicacións científicas, ábrese ata o próximo 29 de novembro no primeiro caso; e ata o 9 de decembro no segundo. Esta iniciativa está impulsada pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. O Iacobus-Estadías de Investigación é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión. Suma máis de 1.400 candidatos ... [máis]
Cartel da convocatoria 2019 de Argos
O programa Argos de conformación de equipos de emprendedores amplía o seu prazo de inscrición ata o 15 de novembro
Actualizada: 07-11-19 11:53
A presentación de propostas ao programa Argos da USC poderá realizarse ata o próximo día 15, logo da ampliación do prazo de inscrición. Traballo en equipo e ‘aprender facendo’ son as claves desta convocatoria, cuxo obxectivo é conformar equipos interdisciplinares de persoas emprendedoras e ás que se lles facilitará acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio ademais  ... [máis]
A mostra recolle o legado do poeta, quen fixo doazón á Universidade do seu arquivo e da súa biblioteca persoais. Foto: Santi Alvite
A exposición ‘Valente e a unidade das artes’ pon o foco na simbiose entre poesía e artes plásticas na obra do autor galego
Actualizada: 08-11-19 08:56
A exposición ‘Valente e a unidade das artes’ fai visible a parte artística dos fondos da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, conformados polo importante legado do poeta, quen fixo doazón á Universidade do seu arquivo e da súa biblioteca persoais. Neste senso, o director da cátedra, comisario da mostra e amigo persoal do autor galego, Claudio Rodríguez Fer, subliña que Valente manifestou ... [máis]
De esquerda a dereita, Tarexia Ferreiro, Varela Zapata e Eduardo Ochoa
Vodas de prata do Maratón Fotográfico do Campus
Actualizada: 06-11-19 15:16
O Maratón Fotográfico do Campus, un certame artístico promovido pola Área de Cultura da USC en colaboración co grupo fotocinematográfico Fonmiñá ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, celebra o vindeiro 17 de novembro as súas vodas de prata cunha edición repleta de novidades. A nova edición deste certame ... [máis]
Na edición do ano pasado, no campus de Compostela acadáronse 37.535 horas de estudo. Foto: Santi Alvite
A XVII Olimpíada Solidaria de Estudo bota a andar na USC ata o vindeiro 5 de decembro
Actualizada: 05-11-19 14:50
O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC (SEPIU) e a Fundación Coopera impulsan a XVII Olimpíada Solidaria de Estudo, unha acción de educación para o desenvolvemento e de sensibilización que bota andar este martes e que se prolongará ata o 5 de decembro. Baixo o lema ‘ Estou onde podo axudar’, por cada hora de estudo de cada alumno ou alumna, as entidades patrocinadoras destinarán ... [máis]
Ana Abelleira, Montserrat Valcárcel, Xusto Rodríguez e Adrián Casanova, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
O ciclo DivulgaTerra 2019, no que participan 24 investigadores do Campus de Lugo, bota a andar este xoves na Casa do Saber
Actualizada: 05-11-19 13:38
O evento de divulgación científica DivulgaTerra, unha iniciativa orientada a dar a coñecer o traballo desenvolvido polas investigadoras e investigadores do Campus Terra da USC, ademais de potenciar e poñer en valor o galego como lingua da comunicación científica, bota a andar a súa cuarta edición este xoves 7 de novembro no auditorio da Casa de Saber de Lugo cunha xornada arredor de pescudas ligadas ... [máis]
Cartel do simposio
O simposio do ILG 2019 desenvolverase co lema ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’
Actualizada: 04-11-19 14:41
Desde o ano 2001, o Instituto da Lingua Galega (ILG) organiza cada outono un simposio dedicado a un tema específico, escollido polo seu interese para a comunidade científica ou para a formación continua dos titulados universitarios. O Simposio ILG 2019 ‘Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional’ busca amosar algúns dos resultados obtidos durante o desenvolvemento do proxecto ‘ Patrimonio léxico  ... [máis]
Cartaz do ciclo Luis Asorey 2019
Bioeconomía e economía circular centran o Ciclo Luis Asorey 2019, que inclúe relatorios e coloquios do 18 ao 27 de novembro
Actualizada: 29-10-19 11:28
Bioeconomía e economía circular centran a temática dos relatorios e sesións de debate programadas no marco do ciclo Luis Asorey 2019, un foro de divulgación científica promovido pola Real Academia de Ciencias de Galicia en colaboración coa USC que se desenvolverá do 18 ao 27 de novembro no salón de actos da Deputación Provincial de Lugo. A enxeñeira de montes e investigadora do Instituto ... [máis]