Saltar ao contido principal
Xornal

Xornal da USC

Mércores, 16 de outubro de 2019
Alumnado da USC nun comedor universitario. Foto: Santi Alvite
Unha investigación da USC analiza como se desenvolven os criterios na argumentación sobre alimentación sustentable

INVESTIGACIÓN

Actualizada: 16-10-19 11:05
O profesor da área de Didáctica das Ciencias Experimentais na USC, Pablo Brocos Mosquera, aborda na súa tese de doutoramento como se desenvolven os criterios na argumentación sobre alimentación sustentable. A tese está dirixida pola profesora da Facultade de Ciencias da Educación María Pilar Jiménez Aleixandre e nela constátase como as percepcións dos participantes no estudo evolucionaron dende ... [máis]
Cartel do premio
Aberto o prazo da segunda edición do Premio Internacional de investigación en innovación e economía circular
Actualizada: 16-10-19 10:42
A segunda edición do Premio internacional de investigación en innovación e economía circular busca promover o estudo académico nestes dous campos dende o ámbito das ciencias económicas e sociais. Promovido pola USC a través do máster de Desenvolvemento Económico e Innovación (DEIN), a data límite de presentación de traballo estenderase ata o 16 de decembro.

Poderán optar ao premio só persoas ... [máis]
Francisco Otero Espinar. Foto: Santi Alvite
Francisco Otero Espinar toma posesión como decano de Farmacia, “un dos buques insignias das ciencias da saúde na USC”
Actualizada: 15-10-19 15:01
Francisco Otero Espinar tomou posesión este martes do seu cargo como novo decano de Farmacia subliñando que esta Facultade “está considerada entre as mellores de España pola súa capacidade formativa e investigadora”. No acto presidido polo reitor Antonio López, Otero Espinar cualificou o centro como “un dos buques insignia da área de ciencias da saúde na USC”. Neste senso, sinalou que o grao en Farmacia ... [máis]
A mostra presta atención a cuestións como os efectos da xubilación en cada persoa ou o mantemento do actual estado de benestar. Foto: Santi Alvite
A USC aborda o envellecemento saudable a través da mostra ‘A vivir que son 100 anos’ da Fundación Xeral do CSIC
Actualizada: 16-10-19 09:58
A USC trae a Galicia a exposición itinerante ‘A vivir que son 100 anos’, impulsada pola Fundación Xeral do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), e cuxo obxectivo final é mellorar a comprensión do fenómeno do envellecemento e fomentar iniciativas innovadoras que contribúan a transformar este proceso nunha fonte de oportunidades. A mostra pode visitarse de balde no Colexio de Fonseca  ... [máis]
Participantes nunha caravana pola acuicultura promovida pola Rede Inmunogenom
A Rede Inmunogenom presenta este xoves un vídeo e un traballo sobre a investigación en acuicultura en Galicia entre 2017 e 2019
Actualizada: 16-10-19 09:13
A Rede Inmunoxenómica das Enfermidades de Peixes e Moluscos (Inmunogenom), integrada por seis grupos da investigación da USC en diversos ámbitos da acuicultura, ademais do Centro de Investigacións Mariñas (Cima), dependente da Xunta de Galicia, presenta este xoves, a partir das 10.30 horas, na sede do Instituto de Acuicultura de Santiago de Compostela, un vídeo de promoción da acuicultura e o traballo ... [máis]
O reitor Antonio López nun momento da presentación. Foto: Santi Alvite
BioIncubatech abre unha convocatoria de apoio para micropemes e proxectos empresariais da saúde e o sector alimentario
Actualizada: 15-10-19 14:10
Fomentar a innovación e a transferencia de biotecnoloxía no ámbito da saúde e as tecnoloxías alimentarias ás micropemes é o obxectivo da primeira convocatoria de BioIncubatech, primeira bioincubadora de Galicia e a única en España especializada neste dous ámbitos de actuación. BioIncubatech é unha iniciativa da USC financiada pola Fundación INCYDE dentro do programa FEDER de Crecemento Intelixente  ... [máis]
Sebastián Villasante. Imaxe de arquivo
Sebastián Villasante participa no primeiro estudo da resiliencia nos sistemas socio-ecolóxicos dende a ciencia económica
Actualizada: 16-10-19 09:15
O profesor da USC Sebastián Villasante acaba de publicar xunto a un equipo de 22 economistas de diferentes institucións unha investigación sobre o concepto de resiliencia no eido dos sistemas socio-ecolóxicos. O artigo ‘Realizing resilience for decision-making’ publicouse na prestixiosa revista Nature Sustainability e representa a primeira contribución ao estudo da resiliencia desde a ciencia económica. Segundo o profesor ... [máis]
De esquerda a dereita, Marcos Loopez, Adra Pallón, Sabela Eiriz, Jesús Varela Zapata, Sergio Zearreta, Pepe Coira, Juan Carlos Zahera y Andrés Goteira, na Vicerreitoría de Lugo
A área de Cultura da USC favorece a creación e a experimentación con programas de cine, danza, fotografía, teatro e videocreación no Campus de Lugo
Actualizada: 14-10-19 12:29
A Área de Cultura da USC favorece a formación artística, a creatividade e a experimentación entre o alumnado do Campus de Lugo, a través dun amplo programa de cursos, seminarios e actividades organizadas ao abeiro da Aula de Teatro e dos Espazos Danza, Fotografía e Cine. O obxectivo desta oferta de formación de complementaria articulada pola USC é o de contribuír ao desenvolvemento persoal e profesional ... [máis]
Gonzalo Francisco Fernández Suárez
O profesor Gonzalo Fernández Suárez toma posesión este mércores como decano da Facultade de Humanidades da USC
Actualizada: 15-10-19 14:19
O profesor da área de Ciencias e Técnicas Historiográficas do Departamento de Historia da USC e integrante do grupo de investigación Atalaia, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, tomará este mércores posesión como decano da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo no marco dunha sesión académica, que estará presidida polo reitor Antonio López Díaz e que se desenvolverá a partir das 12.00 horas, no ... [máis]
López, Otero e Rodríguez na inauguración do curso do CSHG
O reitor Antonio López abre o novo curso do Centro Superior de Hostalaría de Galicia
Actualizada: 15-10-19 10:15
O reitor Antonio López participou este luns, xunto ao conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, na apertura do novo ano académico do Centro Superior de Hostalaría de Galicia. A USC traballa na implantación do grao en Innovación Gastronómica e Xestión Hoteleira, que botará a andar no curso 2021-2022. Neste senso, o conselleiro salientou que a posta en marcha desta ... [máis]
Residencia universitaria Jesús Bal y Gay do campus de Lugo da USC
O reitor preside este mércores na ‘Jesús Bal y Gay’ a apertura do curso no Servizo Universitario de Residencias da USC
Actualizada: 15-10-19 08:27
O reitor da USC, Antonio López Díaz, presidirá este mércores, a partir das 19.30 horas, o acto protocolario de apertura do curso no Sistema Universitario de Residencias (SUR) da institución académica compostelá, na residencia Jesús Bal y Gay do Campus de Lugo, que acolle por vez primeira esta celebración institucional. A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel ... [máis]
Montserrat Valcárcel, no centro, na presentación da 41 Semana de Cine de Lugo
A Casa do Saber acolle do 21 ao 26 de outubro a proxección de dous dos ciclos programados na 41 Semana de Cine de Lugo
Actualizada: 15-10-19 14:59
A vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel Armesto, participou este martes na presentación da 41 Semana de Cine de Lugo, un festival de cine promovido polo Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá en colaboración coa USC, Concello de Lugo, Deputación de Lugo e Xunta de Galicia, que se desenvolverá do 21 ao 26 de outubro e no marco do que se proxectarán no auditorio da Casa do Saber ... [máis]
Deportistas e adestradores posan xunto a López, Lorenzo e Magán. Foto: Santi Alvite
O reitor loou o esforzo dos deportistas de alto nivel da USC ao “manter vivo o deporte” na súa etapa universitaria
Actualizada: 14-10-19 13:20
O reitor Antonio López recibiu este luns a unha representación integrada por 19 deportistas e tres adestradores universitarios que alcanzaron algunha medalla en campionatos federados ou universitarios nacionais disputados este ano, así como aqueles/as que cursan estudos na USC e que están considerados de alto nivel. O encontro serviu para trasladarlles o agradecemento da institución universitaria polo ... [máis]
Alumnado realizando prácticas de Óptica e Optometría. Imaxe de arquivo
Óptica e Optometría impulsa un punto informativo para concienciar o alumando sobre a importancia da saúde visual
Actualizada: 14-10-19 09:53
A Facultade de Óptica e Optometría súmase ás accións de difusión organizadas dende o Colexio Profesional con motivo da Semana da Optometría a fin de concienciar a sociedade sobre a importancia da atención visual primaria, é dicir, da prevención para unha boa saúde visual. Neste senso, o Campus Vida acolle na zona da Biblioteca Concepción Arenal, dende este luns 14 de outubro e ao longo de toda a semana ... [máis]
O acto inaugural celebrou na Facultade de Xeografía e Historia presidido polo vicerreitor Victoria Otero Espinar
Estudantes de Turismo de Ceará visitan Compostela para coñecer a xestión de destinos culturais
Actualizada: 14-10-19 13:37
O Centro de Estudos Turísticos da USC, coa colaboración da Universidade Estadual de Ceará (UECE) celebra ata o próximo venres 18 o curso Planificación turística comparada e experiencias internacionais en materia de turismo, no que un grupo de alumnado da institución brasileira visita a capital de Galicia para coñecer de preto as boas prácticas que se desenvolven na comunidade autónoma neste ámbito. ... [máis]
O proxecto presentado constitúe unha mellora integral da xestión económica asociada ás actividades de investigación. Foto: Santi Alvite
O proxecto ‘XustiEcoWeb’ da USC, recoñecido na primeira edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores
Actualizada: 11-10-19 12:47
Os traballadores da USC José Ramón Basante, Arturo Clavero e Jacobo M. González veñen de ser recoñecidos na I edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores, impulsados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), polo seu proxecto ‘XustiEcoWeb – Mellora dos procesos e fluxos administrativos’. A candidatura que resultou ... [máis]
Portada do libro
Termos esenciais de logopedia e audioloxía: galego-español-inglés, obra pioneira do Servizo de Normalización Lingüística
Actualizada: 11-10-19 14:15
A obra Termos esenciais de logopedia e audioloxía: galego-español-inglés selecciona un milleiro de conceptos destas disciplinas, clasifícaos por áreas temáticas e indica os nomes polos que son coñecidos en galego, español e inglés. En conxunto, recolle, clasifica e ofrece para consulta case 4000 denominacións neses tres idiomas. Esta publicación é obra da profesora da USC na Facultade de  ... [máis]
Vista xeral do esqueleto. Foto: MHN
O Museo de Historia Natural da USC recupera o esqueleto dunha balea azul, unha extraordinaria peza do seu antigo patrimonio científico
Actualizada: 11-10-19 13:02
Un exemplar da grande balea azul, Balenoptera musculus, acaba de ingresar nas coleccións zoolóxicas do Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela. Esta balea é o animal máis grande que poboou e poboa o planeta Terra, pois pode superar facilmente os 30 metros de lonxitude e as 100 toneladas de peso. É precisamente un esqueleto desta especie o que preside actualmente ... [máis]
Mabel Loza. Imaxe de arquivo
A catedrática de Farmacoloxía da USC Mabel Loza gaña o Premio Wonenburger
Actualizada: 10-10-19 10:59
A catedrática de Farmacoloxía e responsable do grupo de investigación BioFarma da USC, Mabel Loza, acaba de ser recoñecida co premio Wonenburger 2019 concedido pola Unidade da Muller e Ciencia da Xunta de Galicia. Patroa fundadora e codirectora científica da Fundación Kærtor xunto co tamén profesor da USC Ángel Carracedo, Mabel Loza conta cunha activa participación en programas públicos  ... [máis]
A USC é a única universidade española que logrou ser elixida coordinadora en tres proxectos nesta convocatoria. Foto: Santi Alvite
A actividade universitaria, motor de cooperación e desenvolvemento en Asia
Actualizada: 10-10-19 11:51
A USC vén de captar preto de cinco millóns de euros a través do programa Erasmus + K2 logo de ser elixida coordinadora de tres proxectos, o máximo que permite a convocatoria, que favorecerán o desenvolvemento de capacidades en materia de ensino superior e xuventude, en distintas rexións do continente asiático. Os proxectos de desenvolvemento das capacidades teñen por obxectivo colaborar no proceso  ... [máis]
Cartel do congreso
Filoloxía aborda a figura de Quevedo no seu contexto europeo
Actualizada: 10-10-19 14:18
O III Congreso internacional Quevedo no seu contexto europeo celebrarase os vindeiros 24 e 25 de outubro na Facultade de Filoloxía da USC, baixo a dirección da profesora María José Alonso Veloso e impulsado polo grupo de investigación Francisco de Quevedo. Investigadores das universidades de Xaén, Murcia, Valladolid, Salamanca e Complutense, así como de centros internacionais como as  ... [máis]
John Bannister Goodenough, no acto de investidura como doutor honoris causa da USC. Foto: Santi Alvite
O doutor honoris causa pola USC John B. Goodenough, Premio Nobel de Química 2019
Actualizada: 09-10-19 14:36
O catedrático da Universidade de Texas John B. Goodenough, investido doutor honoris causa pola USC no ano 2002, vén de ser recoñecido co Premio Nobel de Química 2019. Goodenough é considerado o pai da batería recargable de ions de litio. O catedrático de Ciencia e Enxeñería da Universidade de Texas John Bannister Goodenough foi investido no ano 2002 doutor honoris causa pola USC nun acto celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca. ... [máis]
Esta iniciativa proporciónalle ao alumando o contacto cun profesional experimentado
O proxecto ‘Mentoring’ abre o seu prazo de inscrición ata o vindeiro 16 de outubro
Actualizada: 07-10-19 14:20
O proxecto ‘Mentoring’ da USC de iniciación á carreira profesional, o cal ten como obxectivo iniciar aos estudantes universitarios e titulados recentes nun itinerario de orientación personalizada e apoio individual, abre o seu prazo de inscrición dende este luns 7 ata o vindeiro día 16 de outubro, ambos os dous incluídos. Esta iniciativa proporciónalle ao alumando o contacto cun profesional experimentado ... [máis]
Cartaz da VII Xornada de Iniciación á Micoloxía
Aberta a inscrición na VII Xornada de Iniciación á Micoloxía que celebrará a USC na Estación Científica do Courel o 26 de outubro
Actualizada: 03-10-19 09:32
A Estación Científica do Courel da USC celebrará o vindeiro 26 de outubro a VII Xornada de Iniciación á Micoloxía, unha actividade de carácter divulgativo que contempla relatorios e unha saída ao monte para recoller cogomelos, durante a que se fará especial fincapé na diferenciación entre cogomelos comestibles e velenosos. As persoas interesadas en participar nesta iniciativa formativa poden  ... [máis]
Cartel do certame
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC convoca o seu XIV Premio de Relato Curto dotado con 500 euros
Actualizada: 01-10-19 11:44
A Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC (Alumni USC) convoca a XIV edición do seu Premio de Relato Curto, dotado con 500 euros, e cuxo prazo de entrega de traballos finaliza o 31 de decembro de 2019. O premio, aberto a todo o público en xeral, recibe relatos de temática libre, inéditos e redactados en lingua galega. Cunha extensión máxima de sete páxinas, os orixinais deben ser ... [máis]